Chega un novo formato talk show producido por Nortideas, SL e presentado pola cantante Paula Chaves para falar do amor na rede. . Triunfa esta modalide entre os galegos? Cóntamolo ou aínda escondemos os galegos esta maneira de coñecerse?
Segundo os últimos estudos, catro de cada dez parellas coñécense a través das redes sociais e as aplicacións móviles. O seu uso está levando á formación de novos tipos de parella. ‘Amor a un clic’ busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para dar a coñecer o triunfo do amor por internet.
‘Amor a un clic’ é un programa de entretemento que ten como obxectivo mostrar ós telespectadores o fenómeno de Internet como nova modalidade de coñecer xente e establecer relacións de parella. Paula Chaves é a encargada de presentar en cada programa tres historias de amor que naceron grazas a plataformas como Tinder, Facebook, TikTok ou Instagram.



Primeira entrega: Carolina e Rubén; Javi e Pili; e Patricia e Noemí
Carolina e Rubén coñecéronse grazas a un intercambio bilateral da universidade. Os tempos de ausencia co océano por medio sostíñanse grazas ás comunicacións polo Messenger e os correos electrónicos. Hoxe en día residen en Lugo e suman xa quince anos de amor.
Pili é unha viguesa que atopa a Javi nunha aplicación para coñecer xente; cinco anos despois selaban o seu amor coa voda.
Patricia e Noemí coñecéronse hai once anos no hospital onde traballaban; logo dun tempo separadas por motivos profesionais, a pandemia volve xuntalas traballando en primeira liña e, actualmente, están inmersas nos preparativos da súa voda.