A Deputación abre o prazo do II Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación

por Redacción A Coruña

O prazo para presentar candidaturas remata o 15 de febreiro ás 14 horas

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a apertura do prazo para presentar candidaturas á II edición do premio ‘Xoan Vicente Viqueira’, de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación.

As bases, que foron realizadas conxuntamente co Instituto de Estudios e Investigación Psicosocial Xoan Vicente Viqueira grazas á mediación do Concello de Bergondo, municipio onde residía o escritor, establecen que se poderán presentar as candidaturas, de xeito telemático a través de SUBTEL, ata o 15 de febreiro ás 14 horas.

A deputada de Educación, Yoya Neira, presentou o premio xunto coa alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, a presidenta do Instituto Xoan Vicente Viqueira, Isabel Lema Blanco, e o presidente de honra da entidade, Ricardo García Mira. Neira salientou «a aposta da Deputación por dar continuidade a este certame, que ademais de recoñecer o traballo que fan persoas ou institucións nun eido tan importante como o das ciencias e as humanidades pon en valor a figura de Viqueira no desenvolvemento do pensamento filosófico e o progreso da educación en Galicia».

Pola súa parte, Alejandra Pérez Máquez indicou que «Viqueira é un dos nosos veciños máis ilustres e un adiantado ao seu tempo» e lembrou que «no Concello declaramos o ano 2024 como Ano de Xoan Vicente Viqueira, para destacar o seu labor defendendo a galeguización do ensino, a incorporación plena da muller e outras reformas no sistema educativo».

Ricardo García Mira salientou que estes premios «recoñecen o valor da investigación científica neste país» e destaca «a figura dun referente para Galicia no ámbito da Psicoloxía, a Educación e a Lingua, como foi Xoán Vicente Viqueira». «

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario