Mónica Ceide, Secretaria de Educación e Emprego de UCIN Galicia (Unión de Cidadáns Independentes) tomando como referencia Lugo, unha das nosas catro provincias, comproba como a Xunta de Galicia, onde o Partido Popular ten a sartén polo mango dende as pasadas eleccións, maquilla os datos das cifras de parados en Galicia con Cursos de Formación, obrigatorios para persoas en situación de desemprego, que de non participar, perden calquera prestación ou subvención que estivesen cobrando, con ollo as vindeiras eleccións autonómicas en 2024.
Para isto dotou as Academias de Formación galegas con 70.024.608 € para que impartan formación a desempregados. Para Ceide, esta boa intención de formación é loable, pero na práctica isto no é realmente tan bo. Durante o período 2023-2024 miles de desempregados deberán participar nestes cursos obrigados sen garantía que neses meses dedicados a esta formación lles garanticen un posto de traballo.
Así é que en 2022-2023 nin uns 10% de persoas sen emprego obtiveron un emprego novo unha vez recibiron dita formación. A cambio deste importe, de máis de 70 millones de euros, entregados as academias, a Xunta de Galicia obtén un beneficio que supón “maquillar as cifras de paro”.
Durante esta formación, que dura de 5 a 8 meses, na maioría dos cursos, os asistentes a estes cursos NON FIGURAN EN SITUACIÓN DE BÚSQUEDA ACTIVA DE EMPLEO senón que aparecen EN SUSPENSIÓN DE BÚSQUEDA DE EMPREGO, non están activos porque para a Xunta “aínda se están formando” e non están preparados para traballar, así o número de parados galegos redúceno.
Ceide constatou que o finalizar un curso convócanos, as poucas semanas, a outro novo curso.
Este “maquillaxe” non soluciona a situación de desemprego e supónlle ós galegos máis de 70 millons de Euros onde hai grandes beneficiarios pero a casa segue sen barrer. Estas cifras poden ser consultadas por calquera cidadano no DOG :
“ ACCIÓNS FORMATIVAS DO PLAN FORMATIVO PARA O EMPREGO (PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS) DA COMUNIDAD DE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O PERÍODO 2023-2024, E SE REALIZA A SÚA PRIMEIRA CONVOCATORIA PARA OS EXERCICIOS 2023 E 2024 (PROCEDEMENTO TR301K)
DOG del Viernes, 27 de octubre de 2023 Pág. 58852 y ss”