Muras celebra esta fin de semana a oitava edición da Feira do Mel, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
O deputado Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Goti e Manuel Ferreira da Casa do Mel de Goente , presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.
A feira, que se abrirá o domingo ás 10.00 horas, na Praza do Viveiró contará cunha trinta de postos de venda de mel e outros produtos derivados ou elaborados con mel -hidromel, cervexa, cera -, entre eles oito postos de produtoras e produtores de mel de Muras que participarán tamén na cata de mel que se celebrará o sábado pola tarde.
O alcalde de Muras Manuel Requeijo valorou a Feira do Mel como «un evento consolidado co que fomos cumprindo os obxectivos que nos marcamos inicialmente de promocionar o mel de montaña e poñer en valor as producións locais» e convidou «a achegarse a Muras para disfrutar do produto e dun espazo único como o Viveiró, nun día que reflicte o dinamismo e vida que hai no rural”
Daniel García explicou que “desde a área de Medio Rural valoramos especialmente estas iniciativas que inciden na diversificación produtiva, promovendo actividades como a apicultura que xeneran rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúen ao mantemento do medio natural” e valorou “o traballo que o goberno municipal de Muras ven desenvolvendo para dinamizar económica e socialmente o concello a partir do aproveitamento do monte”.
A feira e cata de mel compleméntase cun programa lúdico con demostracións de cociña -con Lucía Freitas- , obradoiros de cocina ou elaboración de cera para as máis pequenas e actuacións musicais para amenizar a xornada.
Sábado 9 de decembro
17.30 horas
Cata de Mel de Montaña
20.00 horas
Conferencia “Invernada das abellas” a cargo do biólogo e apicultor Miguel Vélez
21.30 horas
Degustación de liscos de balde, amenizado polo Dúo Musical Pedriñas
Domingo 10 de decembro
Pasarrúas e música en directo para amenizar toda a xornada