Comunicado da Agrupación de Unidas Podemos Laxe

por Redacción A Coruña

Froito dos últimos acontecementos no eido da política nacional, e a raíz das dúbidas da veciñanza en relación coa súa posible repercusión, a Agrupación de Unidas Podemos Laxe cómpre en aclarar o seguinte:

O proxecto, nacido con anterioridade ás eleccións locais do 28M; xurde da iniciativa dunha agrupación de veciños e veciñas, de diferentes orixes, identidades e militancia política; pero cun horizonte común: traballar en prol do futuro do pobo de Laxe.

Con este obxectivo, a Agrupación concorre ás eleccións municipais por primeira vez cun programa como base de acción política, e cun único adversario a batir: O Partido Popular e a súa falta de proxecto para a vila.

Despóis dunha tarefa inxente, percorrendo todos os currunchos do concello para coñecer de primeira man as inquedanzas dos e das veciñas; a necesidade do noso proxecto fixose máis patente e necesaria. Froito delo, a nosa formación obtivo a confianza de 152 persoas e un edil, co 7,72% do electorado; un resultado que recibimos con modestia, pero que supuxo a entrada da nosa candidatura na corporación municipal tras concorrer por primeira vez a uns comicios municipais.

Con humildade, pero co gran sentido de resposabilidade do mandato outorgado polos e polas laxenses, adicamos todos e cada un dos nosos esforzos ao mesmo que dende o primeiro día de andaina do noso proxecto: aunar forzas en prol de politicas ambiciosas para o noso concello e que respondan ós problemas reais da xente.

Neste senso, Unidas Podemos Laxe reafirmase na vixencia do seu «contrato» cos e as laxenses, fieis ao compromiso saído das urnas, salientando a obediencia local do mandato outorgado. O traballo das persoas que conforman a agrupación, representados no pleno polo noso concelleiro Fernando Del Moral Regaldie; ven sendo e seguirá a ser a proba evidente da súa única motivación: mellorar a vida do pobo de Laxe e as súas xentes con políticas dialogantes, inclusivas e verdes.

Seguiremos traballando arreo traendo iniciativas positivas aos plenos, construindo pontes e fuxindo de calquera ruido que esté chamado a desviar a atención do importante, e o único motivo polo que esta agrupación foi creada: a prosperidade de Laxe e os e as Laxenses.

Seguimos, con máis forza e ganas que nunca, porque #SomosNecesarias!

Comparte éste artículo
1 Comment