O PP pide a eliminación de vertedoiros incontrolados, saneamento, melloras de sinalización e limpeza de pistas en varias parroquias

por Redacción Lugo
  • A concelleira do PP Flor Rubinos solicita que “se eliminen os vertedoiros incontrolados da zona rural e reclama unha maior vixilancia para evitar a súa proliferación”
  • Os populares lamentan que pola permisividade do goberno local “cada vez haxa máis particulares que evaden os sistemas de xestión de residuos e opten por acudir á zona rural onde deixan todo tipo de residuos a ceo aberto, cos consecuentes perxuizos para o medio natural”
  • Os populares ponen 2 exemplos de depósitos de lixo ilegais o que está no Monte de Toire situado no linde da parroquia de Benade con Muxa onde hai rodas, cables, restos de pláscticos e escombros e prendas de roupa esperexidas nunha ampla zona. O outro punto emblemático con desperdicios á beira da estrada está situado na parroquia de Bóveda
  • Flor Rubinos reflexionaba que o goberno local “lonxe de protexer os intereses dos veciñanza das parroquias e o gran valor natural que hai no municipio, permiten, coa súa pasividade, estas actividades ilícitas, que en moitos casos xeran un perigo enorme para os veciños e o entorno, xa que son focos potenciais de incendios e de contaminación ao medio.
  • La meta número 5 del o ODS 15 menciona la necesidad de adoptar medidas urgentes y significativas para reducir la degradación de los hábitats naturales, detener la pérdida de la diversidad biológica y, para 2020, proteger las especies amenazadas y evitar su extinción. La inadecuada gestión de los residuos está directamente relacionada con la pérdida de la biodiversidad. Es imprescindible garantizar su correcto tratamiento para proteger la biodiversidad y minimizar el impacto que tienen en el medioambiente.

SANEAMENTO E SINALIZACIÓN PONTE DE PIÑEIRO

  • Flor Rubinos, a modo de recordatorio, reclama ao goberno local que cumpra coa palabra dada o 30 de abril de 2022 cando a alcaldesa nunha reunión coa veciñanza do barrio de Piñeiro en Muxa adquiría o compromiso de que dotaría a este núcleo dos servizos de saneamento e abastecemento
  • Hai que lembrar que a maior parte das parroquias de Lugo carecen destas prestacións incumprindo o ODS6 sobre AUGA LIMPA E SANEAMENTO.
  • Dende o Grupo Popular tamén presentan unha petición relativa á mellora da seguridade viaria no lugar de Piñeiro na parroquia de Muxa. Solicitan a sinalización dunha ponte que non ten ninguna protección e supón un risco para peóns e condutores.

LIMPEZA DE PISTAS

  • Dende o PP tamén reclaman que de forma urxente se faga o mantemento da pista do lugar de Ribas do Miño na parroquia de San Mamede onde cada vez que chove a auga arrastra a zahorra e lles entra ás casa. Ademáis das molestias que ocasiona a situación da pista supón un perigo para a seguridade viaria.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario