Néstor Rego dirixirá unha interpelación á nova ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, para que se revisen os coeficientes redutores no sector da extracción e a transformación da pedra
O Bloque Nacionalista Galego levará, ao primeiro pleno ordinario da lexislatura, unha interpelación urxente dirixida á ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, sobre os coeficientes redutores para a xubilacións das traballadoras do sector da extracción e a transformación da pedra e o recoñecemento de incapacidade coa diagnose da silicose. Así mesmo, durante a sesión de control, o deputado do BNG preguntará ao ministro de Transportes, Óscar Puente, sobre a s medidas que adoptará o Goberno para solucionar os problemas existentes no servizo ferroviario na Galiza.
Co obxectivo de que se recoñeza a incapacidade total das traballadoras diagnosticadas de silicose de primeiro grao e mesmo que se apliquen coeficientes redutores para as traballadoras para as traballadoras en empresas de extracción e transformación da pedra -granito e lousa principalmente-, o Bloque Nacionalista Galego levará ao pleno unha interpelación á nova ministra de Inclusión, Seguranza Social e Migracións, Elma Saiz.
Segundo a regulación vixente, a silicose de primeiro grao non se considera enfermidade profesional que determine o recoñecemento dunha Incapacidade Permanente e, para a organización nacionalista, esta situación debe mudar. «A pesar de que existen distintas sentenzas xudiciais que recoñeceron a equiparación, a Seguranza Social segue sen recoñecelo de forma xeral, e obriga ás persoas a recorrer á vía xudicial para logralo» denuncia o deputado do BNG.
Así mesmo, Néstor Rego demandará ao novo Goberno que revise os actuais coeficientes redutores asignados de modo que se equiparen os das categorías da minería exterior (ao descuberto) cos da minería interior. «Débese estender ao subsector de transformación de mineral a asignación de coeficientes redutores para a idade de xubilación xa que os niveis de po e ruído son similares aos da industria extractiva» demanda.
O servizo ferroviario en Galicia: protagonista na sesión de control
Por outra parte, o deputado do BNG intervirá na sesión de control ao Goberno cunha pregunta dirixida ao novo ministro de Transportes e Mobilidade Sustentábel, Óscar Puente, sobre «as medidas que vai adoptar o Goberno para pór fin aos retrasos continuados e incidencias varias nos servizos ferroviarios da Galiza».
Unha situación caótica, explica Rego, que o Ministerio debe comprometerse a solucionar. «Hai que rematar cos recorrentes retrasos, incidencias, avarías e cancelacións de trens no Eixo Atlántico e nos servizos ferroviarios de Media Distancia na Galiza que están a prexudicar a mobilidade diaria de milleiros de galegos e galegas» demanda Rego.
Nestor Rego conoce perfectamente el tema de la silicosis y que la Seguridad Social lo contempla desde
hace 50 años y segun el grado de la silicosis se aplican los coeficientes reductores e incluso la jubilia-
ción anticipada.Recurrir a estos nuevos Ministros es inútil porque han sido puestos «a dedo» como
siempre y su conocimiento de lo que va a dirigir «se le supone» (vistos los historiales de los sujetos se ve que
no saben nada).
Sorprende que no sepa de antemano la respuesta del Ministro de Transportes (que de Transportes es un ignorante)
acerca de los temas de los trenes de cercanías de Galicia,conocido por todos los gallegos antes de ahora y ya que apoya a Sánchez puede hablarlo con el Ministro en privado,que de los trenes y de Renfe lo desconoce todo.
Incluso Gómez Besteiro como Presidente de la comisión de transportes podría servirle (aunque de
transportes tampoco conoce absolutamente nada de Galicia.No sube al autobus nunca , ni sabe el precio del «Mombus» Lugo-Santiago y de trenes ,nada sabe porque Lugo ,vive aislado sin actualizar los trenes).
Ya ve lo que pasa cuando se atreven a ocupar plazas para las que no están capacitados asi que a seguir
como con los anteriores gobernantes y suba menos a la Tribuna del Congreso para publicitarse con estas cosas
porque en lugar de ser una sesión de control al gobierno ,se convierte Vd. en otra cosa, tratándo de justificar que está haciendo algo por,Galicia en Madrid.