A eurodeputada do BNG afirma que “outra Europa é posible” no lado democrático e lonxe do insulto, dos corruptos e do fascismo
A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, interveu hoxe no debate sobre o Balance da Presidencia española do Consello, que contou coa participación de Pedro Sánchez e no que Miranda reivindicou o escano netamente galego do Bloque. “Como eurodeputada do BNG represento a moitas galegas e galegos que queren outro modelo de Europa, unha Europa onde os Pobos sexamos escoitados”, salientou.
Neste sentido mencionou que nas institucións europeas se deciden “moitas políticas que afectan as nosas vidas”, como os fondos europeos, emprego, enerxía, sectores produtivos ou transporte, e de aí a importancia de que Galiza teña voz propia en Europa. “Porque hai outra Europa posíbel, a dos Pobos que como o noso, nunca lle foi ben nin o centralismo, nin o fascismo”, dixo Miranda na súa intervención, a única voz galega que se escoitou neste debate.
Ademais, Miranda díxolle a Sánchez que “a nós teranos no lado democrático e antifascista, no da paz, da liberdade, da tolerancia, lonxe do insulto da intransixencia, lonxe dos corruptos e dos discursos neofascistas que andan por Europa adiante”. Neste sentido criticou “o show” que están dando a extrema dereita e a dereita na Eurocámara, “e aínda se vanglorian de demócratas!”, apuntou con ironía.
Mal uso dos fondos europeos
Segundo apuntou a eurodeputada do Bloque, deste xeito da dereita de facer as cousas “sabémolo ben en Galiza”, ao lembrar que co goberno do Partido Popular estase producindo falta de emprego, mal uso dos fondos europeos e fuga de talento. Neste sentido o Bloque xa ten denunciado a irresponsabilidade do goberno galego ao non gastar a totalidade dos fondos estruturais (FEDER, FSE, FEADER) tendo dez anos para facelo e, pola contra, deixa sen executar case mil millóns de euros, cun grao de execución moi por debaixo da media europea.
Mal momento elige Ana Miranda para sus proclamas.Observaría a Sáchez hoy con Puigdemont y esa imagen
deja a Europa atónita.
No es de recibo que un prófugo de la justicia española ponga condiciones a Sánchez en la Eurocámara cuando Sanchez esta ejerciendo la presidencia rotativa de Europa ,no es el lugar y tampoco resuelve el tema de la «amnistía».
De nada sirven esas «puestas en escena» ni tampoco el modo en que lo han hecho.
Esto no va de lado democrático antifascista ni de esas historias que siempre publicitan desde el BLOQUE para reafirmarse en su espiral permanente del «fascismo» ,que ya no asustan a ningun ciudadano europeo.
Busque en Europa un sólo Pais que haya descentralizado al nivel de España sus competencias .Ya sabe que no existe
y que lo del reparto del dinero o inversiones perdidas de los fondos estructurales ,se debe a la incompetencia profesional de los políticos españoles de todos los Partidos
Tal vez será posible otra Europa pero no será nunca una Europa como Ana Miranda quiere y está publicando.