As xornadas do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa e Guido Guía, seguirán no 2024

Un promedio de máis de 100 participantes por xornada viaxeira é o balance das catro primeiras actividades do proxecto “Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía” neste 2023. A iniciativa continuará en 2024 comezando por Palas de Rei.

135 participantes en Friol (xullo)

95 en Guntín (setembro)

72 en Antas de Ulla (outubro)

128 en Castroverde (decembro)

Estas foron as cifras das primeiras catro saídas do Xeodestino Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa xunto a Guido Guía.

O 13 de xaneiro é a data da seguinte xornada, que terá como destino o concello de Palas de Rei, saíndo do Concello as 11h. O paseo será de 3 horas aproximadas de duración, para seguidamente degustar produtos locais de calidade e desfrutar de música tradicional da zona.   

Este ciclo de actividades lúdico-culturais pretende promover o descubrimento da historia, da natureza e das riquezas de todos os concellos, así como promover e promocionar os valores gastronómicos, sociais e de todo tipo. En cada saída os paseos guiados acompáñanse de actuacións de grupos de música tradicional, e de degustacións de produtos gastronómicos locais.

A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal ou do teléfono 982238000

Guido Guía

Guido Álvarez Parga (proxecto Guido Guía) é un turismólogo, profesor univeristario (no Grao de Turismo da UNED en Lugo) e guía moi recoñecido a nivel lucense e galego polas súas iniciativas turísticas e culturais diferentes e innovadoras. Foi recoñecido cun dos premios “Lucenses do ano 2020”, co Travelers Choice da plataforma TripAdvisor nos anos 2022 e 2023, e outros galardóns que o acreditan na súa labor profesional.

Comparte éste artículo
No hay comentarios