Os deputados populares aproveitaron a visita a esta localidade para coñecer as necesidades dos seus veciños e para detectar as deficiencias que a Deputación mantén no municipio sen darlles unha solución
Continuando coa liña de xuntanzas periódicas de traballo, os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo en Antas de Ulla, continuando así con política de “deslocalizar” as reunións de traballo e así poder valorizar a riqueza da provincia.
O grupo provincial do Partido Popular mantén a liña iniciada ao comezo do mandato de deslocalizar as reunións de traballos e organización de grupo, que se convocan ao longo da provincia demostrando que se pode apostar polo trato igualitario na provincia, aproveitando ademais para convidar ás mesmas aos alcaldes e voceiros da zona.
Nesta ocasión, os deputados populares aproveitarán para coñecer as necesidades dos veciños de Antas de Ulla e para comprobar as deficiencias que a Deputación mantén no municipio sen darlles unha solución, un concello no que a Xunta de Galicia investirá 1M€ no centro de saúde e 2,5M€ na residencia desta localidade.