A Reserva Terras do Miño incorpora 5 novos membros no órgano de participación

Trátase da Federación de Asociacións de Veciños da Provincia Lucus Augusti, e das asociacións de Mulleres Rurais Olvido de Pol, Morcegos de Galicia, Cultural Deportiva Lecer de Gamelle, e a Provincial Lucense de Apicultores

O Deputado de Promoción Económica e Social presidiu a reunión do órgano reitor e participativo celebrada este martes no Pazo de San Marcos, onde tamén se aprobou o plan de acción da Reserva para os próximos 10 anos

Abordouse a memoria de actividades do 2023 e deuse conta da programación do ano que vén, que contempla accións nos concellos de Xermade, Pol, Alfoz, Ourol, Outeiro de Rei, Guitiriz, Lugo, Castro de Rei, O Valadouro e Mondoñedo

Na reunión deuse conta dos proxectos resultantes da liña de axudas de concorrencia competitiva por 110.000€ que ofrece a institución provincial ao tecido asociativo das reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, e anunciouse unha nova edición

Comparte éste artículo
No hay comentarios