Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarias e do mar veñen de denunciar publicamente a «Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030» que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuran a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector mineiro. Para as entidades asinantes, a Axenda evidencia a captura total da Xunta polo lobby mineiro e desacredita a Administración ao vulnerar os principios de neutralidade e obxectividade, polo que esixen a súa retirada inmediata.

Ao longo do documento, noméase repetidamente o «ecoloxismo radical» e o «forte activismo das asociacións ecoloxistas» ou a «utilización da minaría como arma en Galicia» como «ameaza«, mentres se critica a existencia dunha «mobilización social promovida por grupos con intereses moi distintos aos intereses locais e do entorno«, en alusión aos colectivos sociais opostos a determinados proxectos ambientalmente nocivos. Se ben a Axenda indica que para a súa elaboración se mantiveron reunións e entrevistas con representantes de «asociacións ambientalistas«, ningunha das entidades que veñen de censurar o documento participou.

Para os colectivos sociais, a adopción da Axenda Mineira pola Xunta é un ataque frontal ao estado de dereito, pois parte de que a participación social e a cidadanía ambiental activa son unha ameaza para a sociedade. Ao presentar como un problema serio os colectivos ecoloxistas, veciñais, agrarios e do mar que veñen denunciando as ilegalidades das empresas mineiras e da propia Xunta, preténdese claramente socavar a súa lexitimidade e apoio social criminalizándoos.

Pola contra, a Axenda omite o impacto ambiental que causan as mineiras, con ducias de expedientes sancionadores afectando tanto á minaría metálica en casos como os Touro, San Finx, Penouta ou Varilongo como a explotacións de lousa, minerais industriais, caliza ou áridos. Boa parte destas ilegalidades saen á luz e acaban por ser sancionadas precisamente pola denuncia de colectivos sociais, ante a pasividade e cumplicidade da Administración galega, que agora califica estes colectivos como unha grande «ameaza».

O lanzamento da Axenda e esta criminalización da oposición a determinados proxectos mineiros dase precisamente nun contexto no que tanto as empresas mineiras como o propio lobby veñen utilizando cada vez máis o ‘lawfare‘ e as accións estratéxicas contra a participación pública («SLAPP», nas súas siglas en inglés) para tentar desmobilizar os colectivos sociais mediante o acoso xudicial. Os colectivos asinantes denuncian este tipo de prácticas utilizadas en casos como os da canteira de Cementos Cosmos en Triacastela, as minas de San Finx e Varilongo ou, recentemente, pola propia Cámara oficial Mineira.

Inxección de fondos públicos e promoción da enxeñaría social

A Axenda desprega un plan meticuloso para influir nas percepcións sociais da minaría, ocultando as súas negatividades e presentando unha imaxe irreal, centrándose sobre todo nas máis cativas. Así, contempla unha «campaña divulgativa nos centros educativos» e a promoción do lavado de cara verde a través do portal de propaganda «Minaría Sostible de Galicia» da Cámara Oficial Mineira. Con estas accións, que tamén inclúen o lanzamento dun «distintivo de sustentabilidade», a Xunta pretende precisamente desarticular a oposición social procurando silencio frente as ilegalidades do sector.

A estratexia tamén contempla unha inxección de fondos públicos sen precedentes ao lobby mineiro, encabezado pola Cámara Oficial Mineira, e que xa recibiu millóns de euros para accións de lavado de cara verde nos últimos anos. Desde os colectivos asinantes, demandan que, pola contra, estes fondos se dediquen a fortalecer a capacidade e profesionalidade dos distintos servizos de inspección e control do sector mineiro e á restauración das numerosas explotacións abandonadas que supoñen un risco para a saúde das persoas e dos ecoloxistas.

Entidades asinantes:

  1. A de Rousmeri
  2. A Jalleira – Asociación forestal e de educación ambiental
  3. A Quenlla
  4. A Rente do Chan-PLADEVER
  5. A Ría Non se Vende
  6. Afectad@s pola Mina de San Acisclo en Muras
  7. Amigas da Terra
  8. Amigas das Árbores de Ourense
  9. Arabías Soc. Cooperativa Galega
  10. Asociación A Lama Vive
  11. Asociación Alarma na Terra de Montes
  12. Asociación Ambiental Contramínate
  13. Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
  14. Asociación Amigas das Cegoñas
  15. Asociación APEOM
  16. Asociación Asemblea do Suído
  17. Asociación Avoar
  18. Asociación Axóuxere Editora
  19. Asociación Cívico Cultural Terra de Outes
  20. Asociación Cultural Canle de Lira
  21. Asociación Cultural Bubela de Abuín
  22. Asociación Cultural Charanga Tabernícolas do Leiradal
  23. Asociación Cultural Fuco Buxán
  24. Asociación Cultural Liceo Mutante
  25. Asociación Cultural Lucerna
  26. Asociación Cultural Vagalumes da Estrada
  27. Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
  28. Asociación de Afectados polas Canteiras de Budiño
  29. Asociación de Amigos da Dorna Meca
  30. Asociación de Crianza Respetuosa Xoaniñas
  31. Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro
  32. Asociación de Indignados de Gestoso
  33. Asociación de Productores de Mexillón da Pobra do Caramiñal
  34. Asociación de Productores de Mexillón de Vilaxoán 
  35. Asociación de Veciños San Vicente de Niveiro
  36. Asociación Eco-social, Cultural e Medioambiental Boca de Sapo
  37. Asociación Ecoloxista Arco Iris
  38. Asociación Fixing
  39. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA
  40. Asociación Medioambiental e Cultural A Pedra que Fala
  41. Asociación Nove Refachos
  42. Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  43. Asociacion pola defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
  44. Asociación Ridimoas
  45. Asociación Sachos á Rúa
  46. Asociación Touda
  47. Asociación Turístico Comarcal Ría de Muros e Noia
  48. Asociación Veciñal de Lentille
  49. Asociación Veciñal Grixoa de Esternande-Minas de Varilongo
  50. Asociación Verdegaia
  51. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
  52. Ateneo Libertario Pontevedra
  53. BerXallas Minaría Destrutiva Non
  54. Brexa, Asociación de Custodia do Territorio 
  55. Biblioteca Maravilhas
  56. Central Unitaria de Traballadoras – CUT Galiza
  57. Centro de Saberes para a Sustentabilidade
  58. Centro Social A Gentalha do Pichel
  59. Centro Social A Pedreira
  60. Centro Social Mádia Leva
  61. Colectivo Agrocuir da Ulloa
  62. Colectivo Arroutada
  63. Colectivo ArteLixo
  64. Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdades
  65. Colectivo Capitán Gosende
  66. Colectivo O Suído 
  67. Comisión contra as Minas na Terra Chá
  68. Confederación Nacional do Traballo – CNT Galiza
  69. Confraría de Pescadores de Noia
  70. Confraría de Pescadores de Portosín
  71. Cornado Mina Non
  72. Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
  73. CSA Casa Colorida
  74. Ecoloxistas en Acción
  75. Federación Ecoloxista Galega
  76. Federación Rural Galega (FRUGA)
  77. Fridays for Future Santiago
  78. Fundação Montescola
  79. Greenpeace
  80. Instituto Resiliencia
  81. Movemento Galego polo Clima
  82. Naturgalicia
  83. Organización Galega de Comunidades de Montes
  84. Plademar Muros-Noia
  85. Plataforma anti-minas de Mesía
  86. Plataforma Casalonga limpa de residuos
  87. Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Fins
  88. Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
  89. Plataforma de Defensa do Sur da Dorsal Galega
  90. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
  91. Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
  92. Plataforma Oro No
  93. Plataforma pola Defensa do Monte Neme
  94. Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre
  95. Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
  96. Plataforma pola Recuperación do Sar
  97. Plataforma Quixote de Outes
  98. Plataforma SOS Suído-Seixo / Minas Albertas Non
  99. Plataforma Turonio pola Defensa do Territorio
  100. Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino Non
  101. Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
  102. Rompamfilas Coletivo Antimilitarista
  103. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
  104. Salvemos a Comarca de Ordes
  105. Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
  106. Sinha PACA Plataforma de Activistas Culturais e Artistas
  107. Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)
  108. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
  109. SOS Encrobas
  110. Tarabelada Asociación Medioambiental e Cultural
  111. The Foundry
  112. Zuleiro Grupo de Consumo
Comparte éste artículo
No hay comentarios