Carme Aira visita a Feira do Capón en Vilalba

por Redacción Lugo

Aira: “Esta feira é un claro exemplo de mercado de proximidade”

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Carme Aira participou esta mañá xunto co concelleiro do BNG en Vilalba, Tino Alvite e militantes e simpatizantes da organización, nunha nova edición da Feira do Capón de Vilalba.

Esta feira da Terra Cha, amosa o potencial que ten un produto como o Capón de Vilalba. Carme Aira enxalzou o papel destas mostras «feiras como esta do Capón de Vilalba son a chave para o fomentar o consumo de proximidade, para contribuír a un sistema máis sostíbel e á vez xerar máis dinamismo económico no propio territorio». «Esta feira é unha celebración do que somos, da nosa identidade, da nosa historia, do noso rural e da nosa dedicación á terra, algo que sería inviable sen a implicación dos criadores

A deputada do BNG salientou «as feiras, tanto mensuais como anuais, como neste caso,son xeradoras de economía e permiten o mantemento do rural e nela ponse en valor tamén o queixo de San Simón ou o roscón de Vilalba»

Nesta liña, o concelleiro do BNG, Tino Alvite, destacou «para iso é preciso proxectos transformadores nos concellos e no País para dinamizar e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas que viven aquí, esta feira da comenzo ao Nadal na Terra Cha».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario