O Presidente da Deputación e a Alcaldesa de Antas de Ulla, e deputada provincial (PSdeG) Pilar García Porto, asinaron este venres en San Marcos un acordo que José Tomé enmarca no “compromiso permanente” da institución provincial de “colaborar en todo o que sexa posible cos concellos no que eles necesiten para funcionar mellor e prestar un mellor servizo público aos veciños, respectando sempre a súa autonomía local”
– Esta axuda permitiralle ao Concello de Antas ter máis liquidez, pois esta situación actual impide o normal funcionamento da administración local e pon en risco novos investimentos na localidade