O PP insiste que a planificación das obras do casco histórico de Lugo “provocan caos cirulatorio e graves problemas de mobilidade e seguridade”

por Redacción Lugo

“En novembro advertimos da importancia de coordinación das obras de peonalización do casco histórico e que non nos parecía axeitada a execución de tres proxectos simultáneos” sinala Enrique Rozas.

“Unha vez que xa están en marcha e coa idea de minimizar as molestias solicitamos unha mellor planificación. Por iso dende o Grupo Popular pedimos”:

– Que se informe cunha maior antelación dos planes de tráfico

– Unha sinalización correcta para impedir que se dean tantas molestias polo  caos e problemas de seguridade

– Adopción de medidas para a protección de itinerarios que se utilizan de xeito provisional

– Estudar compensacións aos afectados polo perxuizos que se están ocasionando estas obras.

Os populares xa advertiron “en tempo e forma e, mesmo levamos esta situación a un un pleno extraordinario onde o PSOE e o BNG votaron en contra de facer un maior seguimento, máis seguridade e más comunicación cos residentes e comerciantes das obras.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario