Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentan a Cabalgata de Reis de Lugo

por Redacción Lugo

O desfile leva por título ‘Fermoso Planeta’ e contará con 4 carrozas e 12 espectáculos teatrais itinerantes musicais con máis de 94 artistas

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, deron a coñecer os pormenores da Cabalgata de Reis deste vindeiro ano 2024. O desfile leva por título ‘Fermoso Planeta’e percorrerá o Parque da Milagrosa, a Avenida da Coruña, continuará pola Ronda da Muralla e accederá á Praza Maior a través da rúa Vilalba e Bispo Aguirre.

Rubén Arroxo explicou que «a temática da cabalgata deste 2024 é a ecoloxía, a conservación do medioambiente, a importancia de manter a biodiversidade e loitar contra o cambio climático». Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto cos seus paxes, reúnense cos animais de todo o mundo para convidar a reflexionar e pasalo ben. «A cabalgata do 2024 é unha festa, unha celebración das maravillas do mundo, de todo canto nos ofrece o planeta, un agasallo para os ollos e os sentidos», insistiu o Tenente Alcalde.

O desfile contará cas catro carrozas, as tres dos Reis e a dos agasallos. «Todas elas representan a diversidade do noso medio, dende a neve do Ártico, pasando polos mares e as súas criaturas, sen esquecernos das selvas e sabanas, nin moito menos dos seres máis importantes do planeta, as abellas», explicou Rubén Arroxo.

Ademais das carrozas, a Cabalgata «contará con 12 espectáculos teatrais itinerantes e musicais, cun total de máis de 94 artistas acompañados dos 32 paxes reais que repartirán caramalos para todos os nenos e nenas de Lugo», concluíu o Tenente Alcalde.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario