O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa:
Dos tres efectivos que tiñan que presentarse este domingo a traballar no Parque de Bombeiros de Vilalba para cubrir os servizos mínimos, só se presentaron dous.
O Consorcio intentou facer mobilidade de traballadores dende outros parques, pero non foi posible porque cubren os servizos mínimos. Avisados mediante comunicación certificada os retén designados no cuadrante, tampouco se presentaron.
Ante esta situación, o Consorcio decidiu reubicar aos dous efectivos de Vilalba en Barreiros, desde onde se atenderán as posibles incidencias.