A picaresca das axudas europeas agrícolas en Galicia

por Óscar de Souto


Seguindo na linea dos temas tabús, que tanto nos gusta tratar, hoxe toca falar desas axudas PAC que a Xunta de Galicia, a través de Medio Rural, agasalla arreo tódolos anos, unha lotería que sempre toca.

A Unión Europea envía eses fondos agrarios e os gandeiros, só teñen que anotar un determinado número de gando e un determinado número de hectáreas de terreo, sexan ou non propietarios dos mesmos, e aquí ben a picardía. Debido a enorme burocracia detrás deste inxente número de parcelas, coa desculpa ou por culpa de axilizar os trámites administrativos, as únicas esixencias ineludibles que se impón para meter arreo leiras nas PAC son dúas: poñer a un solo beneficiario en cada finca e que ditos terreos están traballados ou minimamente limpos.

Esta axilidade absoluta permite marxen a picaresca e asi algún gandeiro, unha minoría, pode meter unha leira que parece abandonada e de paso leva esa herba, un aparente beneficio para todos, incluso fincas nas que unha persoa falecida aparece aínda no catastro como propietario, incluso fincas que teñen propietario pero xa nin documentos de propiedade ten, polo motivo que sexa. Evidentemente pode suceder que a alguén lle chegue a casa por correo unha carta informativa do catastro informando de que as túas leiras aparecen nun procedemento de axudas PAC, cousa que non sempre o que recibe dita notificación entende de que se trata. Pretendo pois dar un pouco de luz sobre o misterio das axudas europeas os gandeiros galegos por se a alguén o chaman algún día de Facenda para preguntarlle por algún ingreso sen declarar por un arrendamento pantasma do que non é preciso permisos por escrito nin acreditacións burocráticas. Podemos mellorar este trámite ? É mellorable que estas axudas sigan sendo áxiles pero verificables? ¿Que ocorre se o dono da finca non solicitou ningunha axuda nin deu permiso a ninguén para pedir esa axuda? Vostede, querido lector, qué opina?

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario