O PP esixe a José Tomé neste 2024 “rigor, traballo e ningunha mentira” para mellorar Monforte

por Redacción Lugo

Katy Varela denuncia que nos últimos días o alcalde realizou varias publicación nas que presume de investir no municipio 45M€, unha cifra que «é falsa» xa que moitos dos investimentos dos que falaba «están no aire e nin se sabe se chegarán a materializarse»

  • Dende o PP recordan que moitas das intervencións das que presume o alcalde aínda non se materializaron, como como a supresión dos pasos a nivel, a construción da nova ponte, a praia fluvial, a conexión entre a N120 e a N120A ou o centro de ciber seguridade
  • Katy Varela tamén reprocha ao alcalde que a web oficial do Concello de Monforte «non está para facer publicidade partidista» en relación a unha publicación do equipo de goberno destacando a intervención do candidato do PSOE á Xunta na restauración do mural da estación de tren: «saben que menten porque se conseguiu grazas á insistencia de diferentes asociacións culturais, como Apatrigal»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario