Guido Guía e Lar de Artemis organizan un paseo guiado polos bosques de Lugo o 11 de xaneiro

O 2025 comeza forte para o proxecto Guido Guía. Nestes últimos días anunciáronse varias novidades para o novo ano, e tamén as primeiras datas de actividades. A primeira delas foi a do 17 de agosto en Triacastela, e onte chegou o anuncio dunha nova colaboración coa asociación lucense Lar de Artemis para o 11 de xaneiro.

Nesta xornada farán unha camiñada tranquila por varios bosques da cidade, lugar onde ademáis se proporá algunha innovadora dinámica de grupo das que habitualmente traballan os impulsores de Lar de Artemis.

A cita será ás 11h da mañá, a duración da actividade será de 3 horas, e o punto de inicio e fin da mesma será a entrada do Parque Rosalía de Castro. Quen queira inscribirse pode facelo -gratuítamente- a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com

Comparte éste artículo
No hay comentarios