O PP de Pol pide ao goberno local que pida as axudas da Xunta para arranxo de camiños de concentracións

Nicole Grueira pide celeridade ao goberno local para solicitar estas achegas económicas «fundamentais para arranxar aquelas vías de concentracións que dan servizo a numerosos veciños».

Nicole Grueira tamén insta a que o goberno local elabore os orzamentos para 2024, como marca a lei, xa que a ausencia de presupostos «é unha anomalía que dificulta que Pol avance, ademais de ser unha mostra máis da incapacidade de xestionar do goberno local»

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios