Plataforma Lugo por Palestina. A bandeira de Palestina no balcón do Concello ¡Xa!

por Redacción Lugo

Dende a Plataforma Lugo por Palestina,  queremos lembrar que a moción presentada no Concello de Lugo, FOI APROBADA NO PLENO DO 28 DE DECEMBRO. 

Entre as esixencias enumeradas e aprobadas nesa moción, está a de colgar na Casa Consistorial, no noso Concello, a bandeira Palestina mentres dure o xenocidio sobre o pobo Palestino perpetrado por Israel. 

¿Qué mellor día que hoxe, que veñen as súas Maxestades de Oriente, que recibilos coa bandeira de Palestina colgada no balcón do Concello de Lugo?

Esiximos que se cumpran xa, as esixencias aprobadas na moción do 28 de decembro. E que esa bandeira se faga visible para que o Concello de Lugo amose o seu compromiso e falemos de dignidade. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario