Ecoloxistas en Acción presentará unha querela contra a propietaria do buque que provocou a vertedura de pellets

por Redacción Galicia

Será mañá, día 9 de xaneiro, no Xulgado de Noia as 10,30

O pasado 8 de decembro o buque «Toconao», de bandeira de conveniencia, perdeu 6 contedores á altura de Viana do Castelo, preto xa de augas galegas. Un deses contedores, da empresa Bedeko Europe, contiña millares de sacos, de 25 kg cada un, cheos de millóns pellets de plástico, que se veñen esparcendo polas costas galegas. Estas bolas de 5 mm de diámetro utilízanse para a fabricación de todo tipo de produtos, mais o seu reducido tamaño fai que sexan moi complicada a súa recollida unha vez que se misturan coa area.

Este vertido se produce nunha zona na que ven de ampliarse a Rede Natura 2000 pola súa importancia como corredor ecolóxico de aves. A vertedura é moi prexudicial para os ecosistemas mariños pois os peixes, aves e crustáceos confunden os pellets con ovas de peixe e inxírenos, causando mortandade tanto pola toxicidade do plástico como por inanición, ao non poder alimentarse por ter o estómago cheo de plástico.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario