O vicevoceiro popular Enrique Rozas pide un maior respeto institucional ao goberno local e denuncia que levan a cabo prácticas que limitan o labor de fiscalización.
- Retrasos deliberados no acceso a expedientes: están limitándonos a capacidade de fiscalización e control do traballo do goberno local. Exceden prazos para consulta de documentación e poñen trabas para entregar copias co que dificultan o labor de garantir unha xestión transparente e responsable.
- Uso abusivo turnos intervencións nos plenos.- A alcaldesa “ao remate de todas as iniciativas” limita o debate. Fai unha interpretación retorticera do regulamento a súa conveniencia coa que monopoliza as sesións do pleno. Utiliza os seus monólogos para corrixir ata aos seus propios edís.
- Dobre criterio no de uso instalacións municipais.- Négase a facilitar o uso de espazos públicos como a sala do edificio de Novas Tecnoloxías para comparecencias de prensa ou xuntanzas mentres que eles si os empregan para as súas roldas de prensa e incluso actos de partido … cando o argumento que nos dan para impedir que organicemos comparecencias é porque “non son para uso político”
- Non atenderon á solicitude do Partido Popular para que se ampliase o seu espazo de traballo que é moi reducido tendo en conta os 12 edís que teñen así como o persoal de confianza que traballa nos locais asignados.
- Negáronse á petición de dar ao Grupo Popular unha maior representación en órganos colexiados xa que entendemos que ao ter máis número de concelleiros a distribución debía ser proporcional e non manter os nomeamentos do anterior mandato.
- Ocultar información de recepcións oficiais ou invitacións que entidade fan á corporación excluíndo aos representantes do Grupo Popular a que participen neles (recepcións a deportistas; persoeiros públicos; ou visitas institucionais)
- Control estrito na entrada do Concello, malia que tiña sentido durante a pandemia, agora limita a asistencia ao grupo de oposición, xa que se rexistra cada visita con nomes e apelidos o que pode retraer á veciñanza a achegarse ata as dependencias do Partido Popular.
O vicevoceiro popular concluía que “lamentablemente estas situacións non son excepcionais insistindo en que PSOE e BNG obstaculizando o funcionamento democrático e transparente da administración local, con atrasos intencionados no acceso a expedientes; o intento de controlar a voz da oposición ou a exclusión reiterada en eventos institucionais”