PP. «Os malabarismos do PSOE provocarán que en 8 anos os lugueses teñamos dous alcaldes que nin gañaron eleccións, nin  encabezaron a lista»

por Gonzalo Soto

   Os populares mostran o seu respecto á decisión persoal de Méndez de dimitir pero dende o punto de vista político consideran que o anuncio feito público hoxe pola alcaldesa acredita que Méndez empregou o Concello como trampolín para facerlle oposición á Xunta en vez de gobernar para a veciñanza de Lugo.

·        A renuncia de Méndez certifica «o uso das institucións que está facendo o PSOE sempre que ten ocasión, dende La Moncloa ata o Concello de Lugo» e confirma que «a alcaldesa antepuxo ao interese xeral as súas metas persoais e políticas, como a preparación da súa candidatura ao Parlamento Galego».

·        Diante desta situación estamos preocupados «pola orfandade coa que queda a institución municipal deixando entrever problemas internos no PSOE e a un BNG   absolutamente noqueado  que certifica que estamos diante dun goberno en descomposión, que non cre nin en Lugo nin nas súas propias posibilidades como xestores».

·        Esta decisión tamén explica as constantes mentiras no que a xestión da Xunta se refire xa que «en ningún momento a Lara Méndez lle importou resolver, unicamente estaba intentando danar a imaxe da institución autonómica para preparar a súa candidatura»

·        Os populares cuestionan o beneficio que suporá a súa fichaxe de Lara Méndez nas listas autonómicas «incorporan a un perfil pésimo en xestión» indicando que o seu aval para pedir o voto para o PSOE «é todo o que deixou pendente  e sen resolver en Lugo: a súa carta de presentación é unha longa lista nos DEBE e unha baleira no HABER» polo que queda claro que a mellor opción para todos os lucenses é seguir confiando en Alfonso Rueda e o seu goberno

·        Prometeu proxectos clave como facer a praia fluvial  e un novo pabillón polideportivo pero ningún se materializou. A xestión urbana empeorou, con retrasos en licenzas; empeorou a mobilidade cun trazado absurdo do Carril Bici sen dar alternativas para aparcar; incumpre os ODS da auga xa que a maioría das parroquias están sen saneamento e abastecemnto, entre outros exemplos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario