Amigos das Árbores. Fauna morta en Corrubedo, unha gaivota, unha foca e dúas mascatos (Vídeo e audio)

por Redacción Galicia

Antón, voluntario de Ourense

Pouco máis se pode dicir ningún medio recollendo os sacos, ningún medio limpando os areais. Chamada ao 112 e…hora e media sen que ninguén faga nada, chamada outra vez e…iremos recoller os refugallos máis tarde «de eiquí non me movo en canto non manden medios que recollan…

«Onte (8 de xaneiro do 2024) en Ribeira, a poucos metros de Corrubedo, dona Ángeles Vázquez, Vicepresidenta segunda da Xunta e Conselleira de Medio Ambiente afirmou: «os pelléts son plásticos PET non son tóxicos, estanse recollendo e…» o de tóxicos ou non tóxicos… o de que se están recollendo…afirmamos que están recollendo os voluntarios e voluntarias cos seus medios e coas súas técnicas. Confirmamos que até o de agora a Xunta de Galicia non ten feito nada

Son horas que deixen de mentir e de enganar. Son horas de que activen tódolos medios e recursos para evitar a contaminación das costas de Galicia

Vídeo, audio e imaxes son de Antonio, voluntario de Ourense que onte andivo pola zona de Corrubedo (Santa Uxía de Ribeira).

a

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario