O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, conclúe tras revisar o expediente do convenio entre a Deputación de Lugo e o Concello de Cervantes para a compra do castelo de Doiras que “o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, xestou en 5 semanas un pelotazo inmobiliario para darlle un beneficio de 700.000 (690.000) € a unha Fundación privada vinculada a un cargo socialista. Un exemplo de rapidez na tramitación administrativa cando lle convén ao PSOE”. E, todo isto, “pouco despois de que o presidente da CHMS tomara o control da Fundación, semanas antes dunhas eleccións autonómicas e motivando a compra nunha memoria de 2 cariñas e escasos 15 parágrafos que non xustifican o interese socioeconómico para o municipio nin a viabilidade desta operación, toda vez que a memoria recolle que o Concello non conta cos recursos suficientes. O único impacto económico que si se aprecia son os preto de 700.000 € de comisión que recibirá a Fundación vinculada a un cargo socialista”, subliña.
A solicitude para a formalización do convenio foi rexistrada polo Concello de Cervantes o 20 de novembro. E o 29 de decembro foi aprobado pola Deputación de Lugo, firmado por ambas entidades e no mesmo día tamén foi solicitada a prórroga por parte do Concello “ante a imposibilidade de executar o recollido no convenio antes do 31 de decembro: todo ás présas e correndo unhas semanas antes das eleccións autonómicas”.
O castelo de Doiras foi adquirido fai uns anos por 270.000 €, segundo o informe de taxación aportado pola propia Fundación que valora o inmoble en máis de 1M€, “unha cantidade claramente inflada”. De feito, “queda claro no informe da taxación que encarga o goberno provincial e que data do 13 de decembro” ao sinalar que “o valor da demanda deste tipo de construcións é nulo e que non se prevé unha revalorización do inmoble nun futuro próximo. É curioso que a partir de agora non se vaia revalorizar, pero nestes anos si se multiplicara por catro o seu valor”, incide o popular.
Outro detalle que os populares consideran chamativo é que “os responsables da taxación non accederon ao interior do castelo”, segundo recoñece o informe encargado pola Deputación de Lugo na súa segunda versión e, polo tanto, consideran que “a taxación é irreal. A primeira foi anulada e cremos que o PSOE e BNG deben aclarar se se debe a que non permitía esa comisión de preto de 700.000 €”, engaden.
Ameijide subliña que “non só se recoñece nas taxacións que o estado do castelo de Doiras é mellorable e que a demanda do inmoble no mercado é nula; senón que, ademais, as únicas melloras que sufriu nos últimos anos xa foran financiadas con fondos públicos da Deputación de Lugo a través dun convenio polo que aportaban á Fundación Xosé Soto de Fión 95.000 euros para obras de conservación e mellora”. É dicir, “o goberno provincial pagou dobremente a comisión a unha Fundación vinculada ao PSOE”.
Bien hecho por el Sr.Ameijide .Conoce los desastres del pasado y las causas judiciales que generáron
en su día diversos casos que afectaron a los políticos lucenses.
El hecho de que no tenga pruebas que aportar para ir a los Tribunales no invalida que públicamente nos
comunique sus impresiones porque la justicia ciudadana condena o no con independencia de los jueces
y da igual que un juez determinado sentencie a favor del culpable o en contra .
Lo importante sería que ese sujeto trabajase y actuase en beneficio de los demás (para eso lo votan)pero hubo demasiados casos en todo el Pais de personajes que dilapidaron dinero público y salieron ·con la suya» siendo absueltos aunque sus convecinos los mantienen condenados para siempre.
Confiemos en que este sujeto sea legal pero parece que genera dudas.Conozco el Castillo y recuerdo en
los años 80 que existió un «okupa» que tenía allí banderas por doquier pero no he vuelto al lugar aunque
fué la edificación que más me gustó de la zona, cuando pasaba en invierno hacia el Parador Nacional.
Si existen esos pagos y cobros no deja de ser lamentable y sería gratificante que quien aprueba y hace
esas cosas ,lo justifique ante Vdes.que lo conocen para no generar dudas.