O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, esixe a dimisión inmediata do Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, polas “inaceptables e vergoñentas” manifestacións que fixo no día de onte sobre os pellets de plástico que están inundando as costas galegas.
“Nunca demostrou preparación nin coñecemento sobre a actividade pesqueira. De feito, cando tomou posesión, el mesmo recoñeceu que ía dedicar o seu tempo a coñecer o sector, dixo. Algo incomprensible, que o Conselleiro do Mar non saiba nada da materia e dos recursos que lle toca xestionar. Pero as declaracións de onte non deixan lugar a dúbidas da súa total incapacidade para exercer o cargo que ostenta, e nin sequera para representar aos cidadáns. Polo tanto, debe apartarse ou que o Presidente da Xunta, o señor Rueda, o aparte, xa”, asegurou José Tomé. “Queda moi pouco para un cambio de goberno na Xunta de Galicia, pero cando menos, que non siga facendo o ridículo, nin insultando a intelixencia dos galegos e galegas”. “O primeiro que ten que facer este señor é aprender vocabulario para dirixirse á xente”, recalcou.
O mandatario provincial referiuse desta forma ás manifestacións nas que o Conselleiro do Mar asegurou, literalmente, ante os medios de comunicación: “Non sei se alguén come o aparato dixestivo dos peixes. Non sei. Eu non. Eu intento apartalo. Son produtos que entran, como se calquera persoa comera accidentalmente algún plástico, porque entran por onde entran e saen por onde saen”.
Trátase, en todo caso, subliñou o Presidente da Deputación, da “última perla” dunha Xunta que “non o puido facer peor” ante o desastre ambiental provocado pola marea de plástico, e que segue “na roda de mentiras, de incompetencia e de soberbia” na que está instalada dende hai un mes “tratando de minimizar o problema”. “No Prestige eran hilillos de plastilina, agora son boliñas de plástico. O manual é o mesmo: mentir, ocultar e botarlle a culpa ós demais, esperando a que o Goberno do Estado, os concellos e a xente lle resolvan a papeleta”.
Sr. Tomé ,desconozco donde aprendió Vd. algo de mar ni quien le dijo a Vd. que el hierro flota.
No mezcle este accidente con el PRESTIGE.Son casos y personas diferentes.Recuerde qque la Organización Marítima Internacional tiene clasificadas y documentadas todas ls mercancías y todo lo que se transporta por mar . Las «mercancías peligrosas «además van etiquetadas con su Código IMDG anotando su peligrosidad y modo de ser manipuladas.
De los 268 contenedores que caen en Europa al mar de media anual ,el buque porteador lo indica por radio a los buques de cercanías y a las estaciones costeras y caso de existir dudas o peligrosidad,el buque es detenido por las Autoridades del Pais de paso (en este caso Portugal).Por tanto identificados buque ,carga y propietarios no viene a cuento que Vd.crea que el Conselleiro de Pesca debe de dimitir.
SI quien debe de informar al Conselleiro que es la Autoridad competente del Estado y Ministro de Transportes Dr.Puente lo hubiese hecho en el caso ,no haría declaración alguna al respecto el Conselleiro Villares y no llame «desastre ambiental» a algo que la Agencia Europea (que es quien tiene competencias de todos los Estados Europeos para afirmarlo),no lo ha hecho.
Si siguen en esa línea no solo «queda moi pouco tempo para un cambio de goberno» ,es todo lo contrario y Vd. les
está haciendo la campaña gratis.