O PP desexa “acertos” a Miguel Fernández á fronte de vías e obras e que non copie “o sectarismo e os malos hábitos” de Tomé nas estradas provinciais 

por Redacción Lugo

Os deputados populares agardan que este cambio de responsable de vías e obras «sexa positivo» para a provincia «sempre e cando Miguel Fernández non continúe co municipalismo de amiguetes» instaurado polo presidente da Deputación.

·       Antonio Ameijide explica que «tendemos a man» ao novo titular de vías e obras «como fixemos co seu antecesor» para poder chegar a consensos e así poder mellorar a rede viaria provincial, «que na actualidade está en moi mal estado e é case un perigo na maioría de concellos» despois de que Tomé so arranxase as vías provincias daqueles municipios gobernados polos seus afíns

·       Os deputados populares tamén mantiveron unha xuntanza de traballo en As Nogais e comprobaron como é preciso que o goberno provincial reclame ao Goberno central máis implicación no arranxo da autovía A6 e da N-VI, vías en moi mal estado de conservación e que precisan de intervencións urxentes para garantir a seguridade dos condutores, así como poñer data á reapertura definitiva das pontes derrubadas e do terraplén

·       Dende o Grupo Provincial Popular denuncian que, trala segunda xunta de goberno do ano, segue sen haber fondos consignados para a apertura da residencia de maiores de Becerreá «un servizo fundamental para o municipio e toda a comarca da Montaña»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario