Katy Varela afirma que aínda que houbo certos avances no texto, «é preciso dar maior flexibilidade aos horarios» xa que moitas veces «é imposible» cinguirse a ese horario debido ás circunstancias de cada persoa.
Os concelleiros da Agrupación Municipal do PP de Monforte presentarán alegacións ao borrador presentado polo equipo de goberno para modificar a ordenanza de tráfico no referente á carga e descarga en zonas peonís.
A voceira popular de Monforte, Katy Varela, recorda que no pleno de decembro, tras un primeiro trámite de audiencia pública, o goberno local presentou a súa proposta de modificación da normativa. “É certo que houbo certos avances pero tamén o é que é necesario dar maior flexibilidade aos horarios”, sinala.
A limitación horaria (de 8:00 a 11:00 e de 16:00 a 18:00 horas) fai que os particulares e os profesionais quéixense “das dificultades de cinguirse a ese horario”.
Os populares tamén pedirán que se engada unha cláusula “para garantir a retroactividade da norma ata a data na que entraron en funcionamento as cámaras, de modo que decaia a validez das multas impostas polas cámaras e procédase á devolución do diñeiro” “A realidade é que o PSOE de Monforte tamén pode aplicar unha amnistía total para todas as multas interpostas nestas zonas desde que empezaron a funcionar as cámaras poñendo o contador a cero nesta vixilancia exhaustiva ata o intre no que se aprobe a ordenanza de forma definitiva, empregando este tempo como un período informativo da nova regulación p