Galicia é a Comunidade Autónoma que menos inviste por dependente declarado, e a que ten menor porcentaxe de prazas en residencias públicas no Estado
O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, desbloqueará o servizo de atención á Dependencia que os recortes de Rueda teñen situado ao borde do colapso. Galicia é a Comunidade Autónoma que menos inviste por dependente declarado e a que ten menor porcentaxe do Estado de prazas públicas en residencias. Besteiro comprometeuse a mudar estas políticas coas responsables do Colexio Oficial de Traballadoras Sociais de Galicia, encabezadas pola súa presidenta, Míriam Rodríguez, nun encontro que tivo lugar en Santiago.
Besteiro recuperará o modelo do goberno presidido por Touriño e “mudará bonos electoralistas e pobres por dereitos”, ao tempo que denunciou a “hipocrisía política” amosada polo PP, que logo de desmantelar o sistema “nos devolven un modelo privatizado e reducido, que é moito peor”.
Explicou que os bonos de Rueda, de 5.000 euros ao ano, supoñen apenas 417 euros mensuais, moi por debaixo dos 680 euros do goberno de Touriño de hai 14 anos.
O candidato socialista comprometeuse a reforzar o servizo, garantindo e mantendo axudas e servizos ás persoas dependentes. Apoiou a campaña do Colexio para reclamar “máis servizos públicos e menos bonos”, e acusou ao candidato do PP de utilizar este servizo público como mercadoría electoral logo de 14 anos boicoteando este dereito.
Ademais denunciou o “descarado uso electoral” destas axudas, que están entregando logo de ter convocado as eleccións autonómicas acompañadas dunha carta publicitaria de Rueda. Advirte que o PP seguirá retrasando as valoracións da Dependencia: “continuaremos sen prazas en residencias públicas e o Servizo de Axuda no Fogar continuará moi limitado”.
Privatización progresiva do sistema de dependencia
O candidato socialista deu o apoio dos socialistas galegos á campaña do Colexio contra a privatización progresiva do sistema da Dependencia por parte do goberno galego e respaldou o modelo do sistema público de servizos sociais que o Colexio fixo chegar aos socialistas galegos.
As representantes do Colexio trasladaron a Besteiro a súa preocupación porque agora non se fai prevención nos servizos sociais como antes: “Cárgannos de tarefas administrativas, quérennos converter en burócratas, en policías do social e así non axudamos a ninguén”».
Demandaron, neste sentido, que se devolva ás traballadoras sociais «a súa profesión, centrada na proximidade á cidadanía». Un desexo que o candidato socialista compartiuz
Residencias de Maiores
Besteiro lembrou que o goberno de Feijóo e Rueda ten o triste mérito de non ter inaugurado ningunha praza de residencia pública en todos estes anos, a pesares de ter recibido 34 millóns de euros de fondos finalistas do Estado dende 2021 para a construción de residencias con 3.174 novas prazas.
A xestión do PP no goberno galego ten provocado que Galicia sexa a Comunidade Autónoma coa menor porcentaxe de prazas públicas do Estado, cun 41 por cento, e ademais é a terceira con maior déficit de prazas residenciais, xa que faltan 14.902. Así o sinalan as cifras oficiais do Imserso que ten recollido o informe da Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais.
Esta Asociación alertou tamén de que a burocracia e a impericia dos gobernos autonómicos, entre eles o de Galicia, teñen limitado o Plan de Choque para reverter o deterioro do sistema da Dependencia posto en marcha polo goberno de Sánchez dende 2021.
Este Plan comeza por incrementar 2.467 millóns de euros a aportación do Estado para Dependencia, chegar a 260.000 usuarios máis con prestación, aumentar as horas do SAF nun 17 por cento e aumentar as contías das prestacións nun 18 por cento.
Gómez Besteiro pasea y se promociona como pocos .Aparenta estar en todo y a pesar de ello sigue » a rueda de Pontón»
y con el calendario en la mano nunca se acercará » a rueda de Rueda».
¿A quien puede apoyar un sujeto que no tiene poder alguno para nada?.Anota cifras millonarias que aporta el Estado
y nadie sabe de dónde obtendrá tanto dinero pero se entretiene intentándo despistar a los votantes independientes
(los suyos aunque no creen nada ,pagan sus cuotas mensuales y no tienen otra alternativa que seguirle el cuento».
Es mundial este sujeto pero sin hacer tantas puestas en escena RUEDA lo está barriendo del panorama electoral y
Gómez Besteiro sigue haciéndo gratis a Rueda la campaña.
Al dar por hechas tantas inversiones con mentiras es imposible que pueda triunfar.Las imágenes por doquier lo
están destrozando .
Es llamativo que entre en las dietas de los colegios suministrando peixe desde Malpica como si fuese un «dietista»
profesioinal de los que usan en los Colegios de Galicia .
Recuerde la frase «Lo poco agrada y lo mucho cansa» y tantas imprecisiones con mentiras incluídas lo van a poner
a la altura de SUMAR y al borde del precipicio electoral.
El potencial económico del PSG-PSOE permite creer que ocuparán plaza en la oposición pero es fácil que si
PODEMOS dispusiese de tanto dinero y apoyo en los medios como el PSG desbancarían a Besteiro de la tercera plaza.