Lugo acolle esta fin de semana a ‘Expocanina 2024’

por Redacción Lugo

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación de Expocanina 2024, que se celebra esta fin de semana no Pazo de Feiras e Exposicións e conta co apoio do Goberno galego

No marco deste evento desenvolveranse as edicións número 107 e 108 da Exposición Nacional Canina, a V Gran Gala TOP32 e a 48 Exposición Internacional Canina, probas de morfoloxía que consiste en buscar e premiar o exemplar que máis se asemella ao estándar oficial da raza e presenta mellores aptitudes naturais.

Entre as actividades con maior atractivo para o público en xeral destacan as probas de selección para o Campionato do Mundo de Agility, que valoran a habilidade e axilidade dos cans nun circuíto de obstáculos. As actividades comezarán mañá venres a partir das 16.00 horas e sucederanse ata o domingo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario