Grueira cre que esta era unha oportunidade para “ofrecer unha oportunidade laboral a algún mozo ou moza do noso concello e contribuír a reforzar servizos públicos tan necesarios como o mantemento de camiños, o apoio administrativo ou a dinamización cultural”.
O PP de Pol lamenta que o alcalde deixase escapar unha subvención da Xunta destinada a fomentar o emprego xuvenil no noso concello.
Esta subvención, que podería terse solicitado a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade favorecía a contratación durante 9 meses de mozos e mozas -inscritas como demandantes nos servizos públicos de emprego e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil- para traballar en administracións locais, favorecendo a inserción laboral da mocidade e mellorando ao mesmo tempo os servizos municipais”.
A voceira, Nicole Grueira, considera “incomprensible” que o alcalde “deixase pasar esta oportunidade, que podería ter ofrecido unha oportunidade laboral a algún mozo ou moza do noso concello e contribuído a reforzar servizos públicos tan necesarios como o mantemento de camiños, o apoio administrativo ou a dinamización cultural”.
“Unha vez máis, o alcalde demostra falta de interese por aproveitar os recursos e axudas que a Xunta de Galicia pon a disposición dos Concellos, preferindo centrar os seus esforzos en cuestións secundarias ou persoais en lugar de atender as verdadeiras necesidades dos veciños de Pol”, engade.
Desde o Partido Popular reiteramos o noso compromiso de “traballar para que Pol non perda ningunha oportunidade de mellora, aproveitando todas as liñas de axuda dispoñibles que contribúan a crear emprego, fixar poboación e mellorar a calidade de vida no noso municipio”, segundo conclúe a popular.