Os concelleiros condenan que «o goberno de Camiña Sarria se escude na aprobación dos orzamentos» cando «foron aprobados uns orzamentos despois de vencer o contrato e aínda non regularizou a situación».
López explica que «non é un caso illado, xa que hai outros contratos caducados que supoñen un incumprimento evidente e grave da legalidade» e que demostran «o caos e a incapacidade de xestión do goberno en minoría de Camiña Sarria»
· «En lugar de poñer escusas, o goberno local debe buscar solucións -tal e como demandan os traballadores do servizo- porque, como órgano de contratación, ten obriga de supervisar o cumprimento do servizo e das obrigas cos traballadores»