Rematan as obras de mellora da ponte de Rigueira na Pastoriza

por Redacción Lugo

A Deputación de Lugo acomete este mércores os últimos traballos nesta insfraestrutura situada á altura do punto quilométrico 4,520 da estrada provincial LU-P-4401, que vai da Pastoriza a Muimenta por Reigosa

A Deputación de Lugo remata este mércores as obras de conservación e mellora da ponte de Rigueira, situada á altura do punto quilométrico 4,520 da estrada provincial LU-P-4401, que é a que vai da Pastoriza a Muimenta pasando por Reigosa. Estes últimos traballos, que consisten na pavimentación do firme con aglomerado en quente, quedarán finalizados no día de hoxe permitindo recuperar neste treito a normalidade en ambos carrís de circulación cos que conta a vía. 

A institución provincial investiu 30.000€ nesta actuación para reafirmar a estrutura desta ponte debido as deficiencias existentes en varios dos seus elementos construtivos debido ao paso do tempo. En concreto, actuouse na reparación con recubrimiento de alta resistencia nunha grieta no pilar da zona central e construíuse un muro para a súa defensa. Así mesmo, os traballos realizáronse con extremada precaución e adoptando en todo momento as medidas precisas nas marxes do río para provocar o menor impacto e evitar a contaminación das súas augas. 

Outros investimentos nesta vía

A rehabilitación da ponte de Rigueira súmase a outros importantes investimentos acometidos pola Deputación nesta mesma vía. É o caso da actuación acometida no tramo da Avenida Principal, ao seu paso polo núcleo urbano da Pastoriza, no que a institución provincial investiu 350.000€ para a dotación de novas beirarrúas, rehabilitación do firme, nova sinalización e melloras no alumeado. Tamén destinou preto de 300.000€ á rexeneración do aglomerado por tramos e na reposición da pintura nos preto de 11 quilómetros desta estrada, mellorando a súa seguridade e comodidade de xeito integral.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario