Si vis pacem, para bellum.  (Se queres a paz, prepárate para a guerra). A OTAN se reforza

O ministro de Defensa británico, Grant Shapps, anunciou este mesmo luns, 15 de xaneiro, que o Goberno do Reino Unido desplegará 20.000 militares por toda Europa do Este para un dos maiores exercicios militares da OTAN dende a Guerra Fría.

«Estamos en una nueva era y debemos estar preparados para disuadir a nuestros enemigos, para liderar con nuestros aliados y para defender nuestra nación cuando sea pertinente», indica Shapps nun comunicado do Goberno británico.

En concreto, 16.000 militares da Armada británica, xunto con tanques, artillería e helicópteros, van a ser desplegados dende febreiro ata o mes de  xuño de 2024 en Europa do Este co obxetivo de realizar maniobras militares e operaciones conxuntas para «fortalecer la preparación de las fuerzas terrestres de Reino Unido en la OTAN».

Ademáis da tensión crecente na contorna de Ucrania que vai en aumento e ata medra tamén as ventas e fabricacións de búnkers en toda Europa, tamén en España, agora xa pasamos de grandes estructuras antiatómicas de líderes políticos e multimillonarios a novas empresas que fabrican aquí pequenos zulos dende 50.000 euros para xente de clase media que empeza a creer na posibilidade dun bombardeo no noso país, un tema do que poucos medios están a falar.

Tamén Yemen e a tensión bélica entre Pakistan e Irán saltaron a palestra sen eclipsar o conflicto de Israel asesinando palestinos a vista de todo o planeta. Pero interésame tamén mencionar os cambios na política militar de China que preocupa moito os entendidos nesta materia, pois foi o propio Trump o primeiro en soltar que “este país asiático  é xa a primeira potencia militar do planeta” superando ampliamente a todos os demáis Países. A modificación dunha lei interna sobre a chamada a filas da población, en caso dun conflicto armado, pode permitir o goberno chinés a movilizar a 800 millóns de soldados, mulleres incluidas, funcionarios e persoal diverso, co que superaría a todas as demáis potencias mundiales xuntas, en número de militares sumados a persoal táctico. A ampliación de bases militares chinesas na zona de África e Oriente Medio está preocupando a moitos analistas en política mundial e xeoestratexia militar.

A Brilar viaxa á República Checa

O Ministerio de Defensa oficializou onte a creación dunha nova forza multinacional na fronteira con Ucraína e, en concreto, na zona que limita con Eslovaquia, que vai ser liderada por efectivos militares da base Xeral Trasfogueiro de Pontevedra (BRILAT). O rexemento de Infantería Isabel a Católica, e o que fornecerá os efectivos e os equipos precisos para unha nova misión que na actualidade xa iniciaron forzas armadas da República Checa, pero que se converterá nun escudo de maior envergadura co desembarco de 700 efectivos procedentes de Galicia. O sábado partirán desde o aeroporto de Santiago de Compostela os primeiros soldados, composta a expedición por unhas 50 unidades do cuartel xeral, que farán de avanzada co apoio de elementos procedentes de Valladolid, Huesca e Valencia.

O labor deste continxente inicial será o de establecer as condicións precisas para a transición do liderado da misión entre a República Checa e España. Ata este momento, os soldados checos recibían o apoio de Estados Unidos, Alemaña e Eslovenia; os membros da Brilat contan con capacidade suficiente como para xerar por si mesmos o battle group, a pesar do cal recibirán colaboración doutras unidades das Forzas Armadas españolas e de Romanía, de Portugal e da República Checa, por proximidade xeográfica, manterá efectivos despregados na rexión.

E na costa, a liortas políticas

Namentres todos están falando de temas moi locales ou sobre asuntos relacionados coa política por estes lares xa podedes imaxinar a dirección que vai levando a realidade das malas intencións que teñen algunhas potencias das que nós, indirectamente, somos oficialmente aliados por pertencer a OTAN e a Unión Europea. Tal e como se están desenrolando as amiazas entre Rusia e Europa solo falta que alguén prenda un misto e xa está a leña toda amoreada para a Santa Madre de tódalas cachelas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios