Isabel Faraldo, candidata á Xunta de Galicia acude xunto a Irene Montero á manifestación «por un mar limpo»

por Redacción Galicia

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2024. A candidata de Podemos á presidencia da Xunta Isabel Faraldo declarou: «Estamos aqui hoxe para defender as nosas costas. O impacto ambiental e o impacto sobre as nosas costas precisaba desta manifestación. Dende Podemos Galicia fumos as primeiras en pedir a dimisión do conselleiro do Mar, puxemos unha demanda no xulgado de Noia por atentado contra asaúde pública e atentado medioambiental. A nosa deputada Ione Belarra presentou unha PNL para que este plásticos sexan considerados mercancías tóxica e se transporten coa seguridade necesaria. Ademais, fomos os primeiros en solicitar o Fondo de Solidariedade para desastres.»

Pola súa banda Irene Montero declarou: «Vemos para apoiar esta sociedade que é a sociedade do Nunca Máis. O Nunca Máis para acabar coa impunidade do Partido Popular, coa manipulación informativa, para protexer as costas, para protexer os dereitos dos traballadores do mar. Mentres a sociedade pide que Nunca Máis, co Partido Popular é outra vez».

Na manifestación tamén estiveron presente o resto dos candidatos provincial da formación morada: Victor Ferreiro, por Ourense, Ximena Cheda por Lugo e Carmen Berzosa por Pontevedra.

Posteriormente tanto Faraldo coma Irene Montero reuníronse con representantes da asociación Mulleres Salgadas, unha plataforma que promove a igualdade de xénero no sector do mar.

Comparte éste artículo
1 Comment