O Concello de Xinzo aproba o maior contrato de coidados a domicilio da súa historia

por Redacción Ourense

  Durante o pleno de carácter extraordinario, celebrado para escoller ós compoñentes das mesas electorais de cara ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro, aprobouse a adxudicación do maior contrato de axuda a domiclio na historia de Xinzo co voto favorable de tódolos grupos políticos.

O Concello de Xinzo de Limia aumenta un 10% o orzamento destinado ás axudas a domicilio, o que supón o maior investimento en coidados na historia deste Concello, con preto de 900.000€ anuais. Segundo Amador Díaz, o que se pretende é “seguir dando máis e mellores servicios, á vez que traballamos por reducir a 0 ese tempo de agarda, que sería marabilloso para a calidade de vida das nosas persoas maiores e para que poidan seguir quedando nas súas casas”.

Ó pleno tamén acudiron veciñas e veciños de diferentes lugares do Concello para visibilizar a súa reclamación ante a xunta electoral por esixir unha redución no número de mesas, o que ven coma “un ataque ó rural”. O grupo de goberno anuncia que presentará unha moción en defensa destas reclamacións, co obxectivo de que as administracións competentes reduzan a cota mínima para a constitución dunha mesa electoral, que actualmente está en 200 votantes segundo a lexislación estatal. 

Esta modificación que solicitará o Concello de Xinzo de Limia podería beneficiar a moitos pequenos lugares do rural, non só de Xinzo, senón tamén do resto de Galicia e de España.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario