Ampliación da calzada e mellora do firme en Erboedo, A Laracha

por Redacción A Coruña

O investimento sitúase en torno aos 75.000 euros

O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora  da estrada no núcleo de San Paio da parroquia de Erboedo. 

A actuación contempla a ampliación da anchura da calzada e a renovación do firme cunha nova capa de aglomerado asfáltico para facilitar a circulación dos vehículos. Concluiranse os traballos coa correspondente sinalización para reforzar a seguridade.

Esta ampla e completa intervención en San Paio suporá un investimento aproximado de 75.000 euros.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Pablo Cambón, acudiron ao lugar das intervencións co director da obra para supervisar os traballos que se prolongarán durante os próximos días.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario