Algo que vai cambiar neste 2024 será a nova lei de maltrato animal que entrará en aplicación seguramente ó longo deste ano, supoñemos que de forma paulatina, pola lentitude propia das diferentes administracións.
Os colectivos animalistas aínda non estando de acordo coa mala praxis dalgúns cidadáns, por non castrar os seus gatos e agasallar camadas como se fosen caramelos, tampouco están de acordo coa eliminación destas pragas gatuñas, debido a que descoñecen a realidade do lío que se aproxima en cumprimento da nova lei que pretende legalizar, regular, microchipar, cuidar e manter de forma controlada esas colonias nas rúas, pero, cun protocolo impresionante. Entre defensores radicais dos animais e os múltiples colectivos sociais en contra da libertinaxe dos gatos, e outras especies, existe un punto en común que vai poñer de acordo a todos eles, o asunto das enfermidades dos animais abandonados e a problemática en torno a esa situación de descontrol.
As novas medidas que se van implantar sobre as colonias felinas :
É falso que os gatos non transmitan enfermidades ó ser humano, mais subliñar que os casos son mínimos e case anecdóticos. Os gatos teñen unhas defensas superiores que as nosas e por iso poden nin notárselle os síntomas e rara vez poidesen transmitir algunha enfermidade a un ser humano, máis existe un protocolo xa para a reubicación dunha colonia felina en casos excepcionais, exemplo se defecan na area dun parque infantil, ou sucesos similares.
Na foto de tempos pretéritos, onde a «gripe española» invadía o País, se aprecia que o gato tamén tiña posta a mascarilla
Cando o noso gato ten esbirros ou algún síntoma do Covid simplemente se lle fai a proba e se da positivo séguense as mesmas recomendacións como se fose un neno, aislalo e acabaronse as saídas gatunas, castigado na casa. Pero os gatos rueiros teñen leucemia, sida felino e outras doenzas que se contaxian entre eles cun simple zarpazo motivo polo cal se organizarán estes gatos por comunidades, inmunes do grupo, grupo con leucemia, etc, para evitar danos maiores na transmisión entre eles, tendo presente que algunhas desas doenzas son crónicas e incurables, só tratables para minimizar os seus efectos.
O plan novo será obrigar ós concellos a microchipar estes animais e cada Municipio poderá elixir entre asinar un convenio cun centro de recollida especializado ou coidadores de colonias felinas callejeras contratado e subvencionado. Este é o futuro que vai vir, en breve, e é o motivo polo que algúns alcaldes xa tomaron medidas neste terreo sabendo destes cambios tan curiosos.