Un motorista faleceu esta tarde AC-400 ao bater contra un coche á altura de Mallón

Un motorista falecido en Santa Comba, logo de colisionar contra una moto que conducía contra un coche na AC-400, en Mallóns 14,30 horas na parroquia de Mallón, á altura do polígono de Catroventos.

Interviñeron: Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Guardia Civil de Tráfico, GES Brión,(atopábase cerrado o parque de Santa Comba por falta de efectivos), e o Servizo Municipal de Protección Civil.

Outro motorista quedou ferido na estrada PO-233 á altura de Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade. O sinistro, cunha moto e un coche implicados, ocorreu pasadas as 13:30 horas. Un helicóptero medicalizado trasladouse ata o lugar para atender a vítima.

Tamén esta tarde rexistrouse un accidente en San Xusto (Lousame). Por razóns aínda sen determinar, un autobús saíu da vía e bateu contra un noiro. As portas quedaron bloqueadas pero, ao final, a pasaxe puido abandonar o vehículo.

O autobús cubría a liña Santiago-Noia-Muros. Ata o lugar desprazáronse efectivos do Consorcio contra Incendios, con base en Boiro, do GES de Noia e da Garda Civil.

Foto TVG

Comparte éste artículo
No hay comentarios