A Xunta de Galicia apoia a 32ª edición da Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que se celebra durante a fin de semana do 10 e o 11 de febreiro. A secretaria territorial de Lugo, Marta Barreiro, participou hoxe na presentación da cita, da que destacou que «non só está consolidada no programa gastronómico da provincia» senón que ademais «é un símbolo de identidade deste concello».
Apuntou que a Administración autonómica axuda a sufragar os gastos da festa, na que os asistentes poderán degustar o menú tradicional con caldo de ósos, visitar o mercado de produtos locais e desfrutar das actividades paralelas vinculadas coa gastronomía e coa cultura.