Máis de medio millar de persoas reclamaron hoxe ante a Deputación que PSOE e BNG arranxen as perigosas estradas provinciais

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide afirma que «é unha irresponsabilidade» por parte de José Tomé ter a rede viaria provincial «abandonada» xa que ten a obriga de preocuparse pola situación das estradas provinciais «en lugar de destinar os fondos da Deputación a pagar as carreiras políticas do PSOE e do BNG»

Máis de medio millar de persoas falaron hoxe alto e claro diante da Deputación de Lugo para esixir ao presidente provincial, José Tomé, o arranxo das estradas provinciais nos 67 concellos da provincia debido “ao perigo que supón circular por elas despois de anos de abandono no seu mantemento”.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, quixo dar as gracias “aos máis de 500 veciños da provincia que se concentraron ante a Deputación para dicirlle alto e claro a José Tomé que ten abandonadas as estradas dos 67 concellos da provincia, xa que non só se trata dunha molestia constante e de avarías nos vehículos, se non que se trata dun perigo real para a integridade dos condutores”.

Ameijide recorda que “é unha irresponsabilidade por parte de José Tomé” ter a rede viaria provincial “abandonada” xa que ten a obriga de preocuparse pola situación das estradas provinciais “en lugar de destinar os fondos da Deputación a pagar as carreiras políticas do PSOE e do BNG mentres todo sufrimos a nefasta situación que amosan todas as estradas provinciais”.

“Dicímoslle a Tomé e ao BNG que xa está ben de ter abandonados os municipios de Lugo, que precisan unhas estradas dignas. O partido socialista pensa que a Deputación é o seu cortixo privado para repartir cartos entre afíns mentres desatende as estradas provinciais e as súas competencias propias”, sentenciou.

O deputado provincial, José Ángel Santos, defendeu durante o pleno unha iniciativa para que a Deputación de Lugo proceda a realizar un plan de arranxo das estradas provincias, en base a criterios obxectivos, ademais de consignar máis orzamento para este fin, proposta que PSOE e BNG rexeitaron.

Durante a súa intervención, José Ángel Santos afirmou que “o fanatismo e a desidia de Tomé como presidente da Deputación de Lugo, convérteo nun presunto delincuente viario, chegando ao punto de que está  poñendo en risco as vidas das persoas que circulamos por estradas provinciais día tras día, cometendo presuntamente un delito premeditado contra a seguridade viaria, debido a una conduta totalmente ilícita que pon en perigo a seguridade das persoas”.

AS INFRAESTRUTURAS SON CLAVE

Pola súa banda, a presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, explicou que “cando realizamos reclamacións sobre infraestruturas e nos diriximos ao Goberno de Pedro Sánchez para pedir o mantemento da A6 ou a chegada da Alta Velocidade, todos temos claro que contar con infraestruturas é futuro, e, neste caso, é o mesmo”, ao que engadiu que “a provincia de Lugo necesita que os 67 concellos estean vertebrados a través da rede viaria provincial, a máis extensa de España, e a Deputación ten a responsabilidade de mantela en boas condicións pero non o fai. Son moitos anos de abandono”.

Ademais, Elena Candia denunciou que “durante todos estes anos de abandono os dous perdedores que forma o goberno provincial empregaron esta institución para afianzarse no seu goberno sen ter en conta as prioridades da provincia e as infraestruturas son unha delas”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario