Podemos Galicia presenta o seu lema de campaña: Defende as túas ideas

por Redacción Galicia

Isabel Faraldo presentou este este mércores o lema de campaña de Podemos Galicia: «Defende as túas ideas». Segundo a candidata de Podemos a presidir a Xunta de Galicia, o lema ten pretende transmitir a idea de que «temos unha candidatura composta por xente do común, non profesionais da política, que deron un paso para elevar a voz da xente común ao parlamento galego. Xente ordinaria facendo cousas extraordinarias, como dicíamos no 15M».

Faraldo destacou que o espírito fundacional da formación e «esa xente do común que se atreveu a dar un paso porque non se sentía representada polas formas de facer política e as persoas que nese momento estaban nas institucións».

Asemade, a candidata afirmou que «o principal de unhas eleccións, por enriba dos cálculos e os tacticismos, sempre é defender as túas ideas. Esas queixas coa familia, cos amigos, dos compañeiros de traballo, cando falamos do desastre da xestión da Sanidade Pública, do desastre na xestión do caso dos pellets, da falta de vivenda, da falta de emprego. Cando nos queixamos de esas cousas, no fondo estamos defendendo as nosas ideas.  O que queremos transmitir ao electorado de cara ao 18 de febreiro, e que por encima do posible ou do imposible está o nunca renunciar ás ideas de unha mesma.»

Comparte éste artículo
1 Comment