PP Lugo: «O retraso da execución da obra  do muro de Cidade de Vivero custounos aos lucenses, en 2023, 202.162,41€»

por Redacción Lugo

A intervención anunciouse en 2022 e tiña orzamento asignado pero por falta de xestión e pola irresponsabilidade do Concello non se fixo a intervención “e a día de hoxe segue na mesma situación de provisionalidade e sen data de comezo da obra”
• No ano 2022, o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que se levaría a cabo o apuntalamento do muro que comunica as rúas de Cidade de Viveiro con Rei Plácido, manifestando que esta medida permitiría realizar catas para avaliar detalladamente o desgaste da estrutura.
• Este anuncio fíxose á vez que se daba un prazo para executar a obra no ano 2023, incluíndo unha partida nos orzamentos municipais de 650.000€ que non se executaron.
• Este incumprimento da palabra dada non só evidencia a incapacidade do goberno local para cumprir cos seus propios compromisos, senón que tamén reflicte o despilfarro de fondos públicos, cun gasto significativo no apuntalamento que supera os 83.704,57€ e que, en parte se poderían ter aforrado de ter realizada a obra.
• Os cidadáns merecen unha explicación clara e transparente sobre este desvío de fondos e a falta de execución dun proxecto anunciado que a estas alturas non está nin empezado. A concelleira Mar Carballas pregúntase: por que motivos non se cumpliu con esta promesa?

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario