Na vaguada desta vía acúmuluse auga debido á escorrentía que procede dunha fonte que cando chove provoca balsas de auga que son moi perigosas para a circulación viaria e de peóns.
A veciñanza explicou aos concelleiros do Grupo Popular que cando o concello asfaltou esta vía non deixou prevista a canalización algunha.
Por outra parte o goberno autonómico informou en decembro ao concello dunha incidencia provocada pola falta de drenaxe municipal nesta vía que dificulta a recollida de auga do regato que vén dende a rúa Orquídea logo de atravesar os terreos por onde se está facendo o aparcadoiro disuasorio.
Os populares presentarán unha iniciativa para pedir a PSOE e BNG que busquen solucións para solventar a problemática que hai neste punto e que se agrava os días nos que chove xa que a auga apoza neste vial de titulariedade municipal.