Xuventudes Socialistas: “Saímos a ofrecer a mellor Galicia, ‘the best’ proxecto”

por Redacción Galicia

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, reivindicou que “ a única lei que o PP aprobou e aplicou foi a do ‘mínimo esforzo’, nós vimos a impulsar as leis de máximos: máxima vivenda, máxima educación, máxima sanidade e máximo emprego”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentou en rolda de prensa unha campaña que “aspira a unha Galicia máis dinámica e atrevida, coma nós”, onde non faltarán chubasqueiros, estampitas e moito máis material para mobilizar á xuventude o 18F.

Dende a organización socialista avanzan que traen consigo un programa mozo “fresco e novo” que quere deixar atrás o estancamento político e social no que leva viviendo Galicia dende 2009. “Nós non precisamos copiar medidas políticas despois de votar en contra delas hai menos dun mes”.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, reivindicou que “ a única lei que o PP aprobou e aplicou foi a do ‘mínimo esforzo’, nós vimos a impulsar as leis de máximos: máxima vivenda, máxima educación, máxima sanidade e máximo emprego”.

O líder mozo presumiu de equipa e de candidatura, a cal “se vai deixar a pel para que a partires do próximo 18F a xuventude sexa condutora da axenda política da Xunta de Galicia”. 

“Mentres outros vanse tirar 14 días ‘chupando rueda’, nós imos estar queimando rueda, porque non imos deixar recuncho do país sen traballar nestas semanas” rematou o secretario xeral da organización.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario