Cinco meses leva o Goberno municipal sen arranxar a focha na beirarrúa da rúa Monforte

por Redacción Lugo

.A presenza deste socavón xenera problemas de mobilidade e riscos para os peóns e tamén inutiliza  varias prazas de estacionamento nunha zona onde é complicado aparcar.

Dende o Grupo Popular solicitará que o goberno local explique os motivos polos que dende setembro de 2023 está este gran furado aberto instando a que se repare da forma máis rápida posible.

Para o Partido Popular esta circunstancia reflicte a falta de eficacia na xestión por parte do goberno local lembrando que estas cuestións son as que afectan no día a día na calidade de vida dos lucenses.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario