O PP de Lugo pide ao Goberno garantir a viabilidade de Altri e o acceso a fondos europeos

por Redacción Lugo

Nunha reunión con representantes da Ulloa e de concellos limítrofes de A Coruña, adiantan que no Congreso pedirán que se apoie a este proxecto, que «é unha oportunidade significativa para o desenvolvemento económico e a innovación industrial en Galicia».

  • No encontro, ao que tamén asistiu a responsable de Economía, Industria e Innovación da Xunta e candidata pola provincia da Coruña, María Jesús Lorenzana, esixen a Pedro Sánchez que cumpra a palabra dada a Alfonso Rueda en xullo de 2022, cando publicamente aseguraba o apoio do Executivo a este proxecto
  • «Falar de reindustrialización non é vir a Galicia e dicir como fixo a ministra Ribera no me lo sé, ou como dixo o ministro Hereu que non se puxeron co proxecto ata decembro; falar de reindustrialización é, dixo, dar certezas para que nesta comarca se poidan crear 2.500 empregos e investir 900 millóns de euros, tal e como dende o Goberno galego se leva traballando», apuntou Lorenzana
  • Colaborar coa empresa e os posibles socios para fortalecer a cadea de valor e garantir un impacto económico sobre o emprego local, e solicitar unha modificación na Planificación Eléctrica 2021-2026 que asegure a construción da subestación eléctrica para que a planta teña o abastecemento enerxético necesario; outras das peticións dos populares
  • En Monforte, e acompañada das candidatas Raquel Arias e Katy Varela, puxo en valor a aposta do Goberno de Alfonso Rueda para activar a nova Oficina Económica de Galicia; un canal único que permitirá reducir ata un 50% os tempos de tramitación dos expedientes administrativos
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario