Cambios na Programación do Xoves de Comadres do Entroido de Verín debido a inclemencias meteorolóxicas

por Redacción Ourense

Desde a concellería de Festexos, Cultura, Turismo e Conservatorio do Concello de Verín infórmase que debido ao aviso amarelo por vento e choiva emitido pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), e por razóns de seguridade, realizaranse os seguintes cambios na programación do Xoves de Comadres do Entroido de Verín:

  • Reubicación do desfile infantil ao Pavillón Municipal de Deportes. Como alternativa ao percorrido polas rúas da vila, os Centros Escolares da comarca poderán celebrar con animación musical o seu Entroido Infantil nestas instalacións municipais. Lembramos que este evento, por motivos de aforo e seguridade, non estará aberto ao público.
  • Reubicación da recepción da Raíña do Entroido e Don Carnal. Por razóns de seguridade, non se realizará a baixada polo Camiño Real. Da mesma maneira, a recepción e tradicional saúdo da Raíña e Don Carnal levarase a cabo directamente desde o escenario situado na propia Praza García Barbón, ás 00:30 horas da madrugada do venres.

Lamentamos os inconvenientes que estes cambios poidan ocasionar, pero a seguridade dos nosos participantes e espectadores é nosa principal prioridade. Agradecemos a súa comprensión e colaboración nesta eventual situación.

Seguiremos atentos a calquera actualización adicional e pedímoslles que estean pendentes das nosas canles oficiais para obter información actualizada sobre os eventos do Entroido de Verín.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario